martes, octubre 23, 2007

San Froilanciño, así de pequeniño e bonitiño.

(De como Aspronaga visitou Lugo no San Froilán e quixo voltar)

Ó certo é que este ano o San Froilán será polo exceso de sol que nesta época do ano ainda temos,

ou tamén pola variedade de actividades que permiten estar de seguido disfrutando da rúa e da xente, en moitos casos, tamén de fóra de Lugo.

O caso é que chamaba a porta de todo aquel veciño, neste caso coruñés dicíndolle: ¡Vide, vide, que o san froilanciño é pequeniño pero tamén moi bonitiño de ver!

E así foi, decidiuse facer unha visita con un grupo de rapaces, un total de 14, ós que hai que preguntarlles: ¿que tal por Lugo? E tamén ás 7 voluntarias que os acompañaban e guiaban.


Aquí podemos ver ó máis crítico Montrove, cun xesto de aprobación, correspondido por Diana, recén chegados á estación.

O certo é que a pesar dos enlaces de autobuses non lles permitiu estar máis tempo do que puideron estar, a pesar de que o guía tivo que ir comer á casa, e polo tanto non pasearon e coñeceron canto podería ó mediodía, quitado o descanso necesario.

O caso é que viron unha boa parte do ferial, estiveron comendo no Parque Rosalía de Castro (o máis coñecido e clásico de Lugo), pasearon polo Mercado Medieval (pegadiño á catedral e á entrada con mellor acceso, sen escaleiras, da muralla), e por algunha das rúas máis típicas, viron unha animación moi divertida, e unha boa parte da actuación dun mago galego.

Conclusión xeralizada: Cando volve ser San froilán, pois é pequeniño pero ben
bonitiño e desexamos voltar canto antes. E senón é san froilán, pois é igual, voltamos
a Lugo, que o pulpo aino case todo o ano.