A ruta de sendeirismo desta fin de semana foi de Miño a Betanzos, recorrendo aproximadamente uns 11km.
Recollemos aos chic@s as 09:10 e comezamos a ruta sobre as 10:15.
Persoalmente gustoume moito ir de ruta cos rapac@s, sorprendeume a unión do grupo e sobre todo o ritmo que teñen ¡van rapidísimo! Véxo@s moi preparados.
Polo camiño fomos atopando laranxeiros e déronnos permiso para coller algunha laranxa. Isto animounos moito e dounos mais forzas para seguir.
Aí polas 13:20 xa chagáramos ao noso destino, a verdade e que xa tiñamos ganas porque esta ruta tiña unhas costas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario